Páginas

Das "Famiglias" e "Familias"

A Madriña Informa:
A Madriña by Trigo © 2007
Desde a transubstanciación de A Madriña Asociados en Asociación Cultural no ano 2017, son "Famiglias" Asociadas as conformadas polos/as Socios/as Constituíntes e os/as Socios/as Numerarios/as. As "Famiglias" sufragan coas súas aportacións (€) os gastos derivados  da "Sede" de A Madriña en r/ Churruca nº 12, ent. en Vigo , PO.
As "Famiglias" constituíntes (12+1) confórmanse polos/as 22 Socios/as presentes no acto (e acta) de constitución da Asociación. O resto das "Famiglias" son numerarias polo feito de pertencer legal, económica ou emocionalmente á Asociación "A Madriña ® Asociados".

1. Das "Famiglias".
As "Famiglias" poden ser conformadas por unha ou varias personas. O lema é, "Unha Famiglia unha cuota". A cuota é mensual, trimestral ou anual e de cantidade libre, variable ou fixa según das posibilidades e necesidades de cada cual. En caso de dúbidas A Madriña ríxese polos seus estatutos...+ info ?: premeiqui
+ Dúbidas ? mail to:  amadrinha.asociados@gmail.com

2. Das "Familias" (ou "Asociados Libres").
O resto dos Asociados/as (sen cuota) posúen categoría de "Familias" (ou "Asociados Libres") e aínda que A Madriña quéreos/as igual, pertencen á Asociación pero non "legalmente". Os seus dereitos e deberes non se rixen polos estatutos e son os que "A Madriña" considere oportunos asignarlles. Contra as decisións da Madriña, xa o sabedes, non hai quenda de réplica.

A Madriña Dixit
Xaneiro 2018

No hay comentarios: