Páginas

07 junio 2010

VERSUS, "Peaxes" e tvg . Triángulo Escaleno.

Santi Lopo ainda non pechou a boca do susto que levou a pasada semán. Sentado diante do seu televisor ( como case sempre ), facendo zapping ( idem) na percura dunha "Hannah Montana " calquera ou semellante, acabou diante da tvg ( con minúscula, SI). Os designios de A Madriña son inexcrutabels. Xa estaba levantándose para coller a 5ª birra ( como case sempre), cando escoitou as palabras máxicas: "literatura" e " Galega". 
Inciso. Xa sabédes que os escritores -"envidiosillos" en xeral- gostan de ver esas cuñas "pseudoculturais" para queixarse do mal que vai todo, bla, bla...Santi, non é unha excepción. Pois ahi estaba él, pensando a que "mamarracho/a" sacarán agora...e zás...." Na librería Versus de Vigo,....A novela Peaxes, do escritor Vigués, Santi Lopo". Nin que diçer ten, que agora o monitor de tv ainda está asolagado da cerveza liberadaa de entre os seus beizos carnosos. Os ollos saíanlle das órbitas. Non daba crédito. Acabou o inciso televisivo e ainda non sabía si a imaxinación febril, xogáralle a clásica visión de "escritor galego asoballado". Acto seguido a televisión estoupou, e él estoico, levantouse cara o "fridge" na percura da 6ª ( como case sempre).



Agora podes "mirar" eiquí o vidéo "censurado",... porque Sabela Versus di que tamen leeu Peaxes !!!! e ademáis o capítulo onde se presentaba a RemolcaMadriña !!!....é o destino dos nosos kids. A Censura dos medios, xa están feitos a este tipo de xogadas . Ainda asím obrigado e  noraboa a Sabela e VERSUS Libreriae, cando Santi baixe da nube ( da 6ª birra,...je) de seguro que o agradecerá tamén.

A Madriña bless VERSUS , Sabela, Santi Lopo & "Peaxes" too.

7 comentarios:

Jimmy Uribarri dijo...

Mr Wolf debía estar agardando a que empezase o Gayoso o venres á noite, e zas, en toda la boca. By the way, para cando RM en Luar? Xa vai sendo hora.

O autor dijo...

O autor expresa o seu agradecemento a Sabela e a Versus pola promoción en Prime Time, e por todo o que están a facer por Peaxes libro. Débovos moitas copas, amiguiños.
A Remolca dígolles que para non defraudalos, incluirei á señorita Montana (é a filla de Tony?) no próximo book (libro, eh).
Estou de acordo con Uribarri. RM en Luar, xa!

A Madriña dijo...

RM en Luar ?..a piques estiveron de sair ...pero o 50 % da banda dixo: NON.
" O sentido do humor eche unha cousa ben persoal" seica dixo alguen...
Acerto ou Erro..eso xa nunca o saberemos.

X.R.Gayoso dijo...

RM? Aqueles amater que querían unha suite no Araguaney e 300 caixas de albariño? De boa nos libramos cando Juanito e Junior cantaron Anduriña no seu lugar.

rael dijo...

50% said No?

versus dijo...

Alto ahí monsieur lopo! Non quedamos en que eran 12.000?...e agora queres pagar en copas! Home, non sei...as copas poden der en Madagascar?

Mr Wolf dijo...

As copas son en duralex, veñen en caixas de seis e son edición limitada made in China. (Os escritores sufren a crise en silencio).