Páginas

05 noviembre 2011

Wilco no Mar de Vigo (I)

Empezamos hoxe eiquí a multicrónica do evento sonoro de Wilco en Vigo, PO 2011. Puntual e atento ao noso requirimento "O Comando Lura" xa comentou. Leede atentos/as,...é a primeira crónica pero nos tememos que non a derradeira. O tema vai dar que falar, e iso non está mal. Iso é o que é, meu.

Comenta o Comando Lura (# 3) 

Qué dificil facer unha crónica escrita do vivido onte no Auditorio “Mar de Vigo”, na privilexiada actuación de Wilco. Só os que asistiron entenderan o que digo. Pero A Madriña manda, e esa foi a misión encomendada ao Comando Lura, e esta que sigue, a humilde execución.
Imos por partes:
O Auditorio: aínda que, ao entender deste comando, con este concerto se pode dar xa por amortizado, non deixa de dar un pouco de vergonza o estado no que está o recentemente inaugurado (e tantos anos agardado) espazo noble vigués para a música e as artes escénicas. Entre a taquilla e a entrada pasas por unha zona de ruínas á vista, pendellos e cachibaches, que non acabas ben de entender. Vigo en estado puro. O resto razonablemente ben, aínda que a acústica, non sendo mala, tampouco é para botar foguetes (algo raro pasa cos graves, que non dan un son limpo...).
Os teloneros: Jonathan Wilson e a súa banda, deron pé a pensar que a noite prometía porque, aínda que cun son bastante deficiente (principalmente na súa propia voz) e pouco potente (a bateria mesmo tiña unha tela por riba para “suavizar”), deron unha moi agradable mostra do seu bo saber facer dentro do amplo concepto do folk-rock americano. A cousa empezaba ben.


Comenta o Comando Lura: " Croniquilla de Wilcazo"
"Wilco: hai que oilos; hai que velos. Eles xa se encargan de que sintas a música que trasmiten, con tantas evocacións a clásicos do rock, blues, jazz, folk, revisitados con contemporaneidade, a través dunha banda potentísma, cohesionada, composta por músicos en estado de gracia. Jeff Tweedy ten un don especial para compoñer e cantar cancións simples e completas; nunha mesma canción transmite sensacións dispares e diversas pero que, cando as executa, entroncan con naturalidade. Un gustazo para os sentidos. O resto da banda completa a oferta. Unha base rítmica increíble (o batería -Glenn Kotche-, rítmicamente impecable, distinto, contundente: hipnotiza, e o baixista –John Stirratt- que semella capaz de aguantar el só a todo o grupo, sentan as sólidas bases para que o resto se luzca). Nels Cline como guitarra (guitarras) solista, eleva os momentos álxidos do grupo ata extremos imposibles de definir, demostrando permanentemente o seu virtuosismo e enorme gusto musical. Tocou perto dunha ducia de guitarras diferentes neste concerto e ten un punto realmente rockeiro para vir do mundo do jazz. Mikael Jorgensen aos teclados, o máis serio da banda (garabata e chaleco abrochado cáseque todo o concerto, agás cando se desmelenou machacando as teclas cunha pequena almofada que incomprensiblemente tiña con el) e Pat Sansone (multiinstrumentista, pero de verdade) completan esta fermosa realidade de nome Wilco, que tivemos a fortuna de ver e escoitar nesta cidade, por fin realmente no mapa musical mundial. 
Grazas, Wilco, por berrar con esa contundencia “Longa vida ao rock and roll”

A Madriña Bless el Comando Lura !!!!! Genius Man 
(tranqui I.O.  arreglaremos lo de los graves cuando hagamos lo nuestro !!! 
...Si Puchiño, volverá !!jaja)

5 comentarios:

rael dijo...

bueno, recién llegado del otorrino, y en honor a aquellos que siempre llevan la contraria,quiero decir:

- de entrada, adelantar que el concierto estuvo bien resulta de perogrullo, es obvio: Estupendo marco, gran grupo especialmente -para mi- en directo, grandes y algunas muy queridas canciones -a mi el tracklist me pareció estupendo-
- a partir de ahí, pues me pareció que el sonido fue muy potente -lo que me encanta-, muy alto -lo cual en sí no es malo- pero muy -no sé como decir- "irregular y confuso" y desde luego para mí la cualidad de muy alto se convirtió en una losa que consiguió que apenas en "Capitol City" y "Missunderstod" disfrutara plenamente de la música.

- Una pena no escuchar bien las canciones. Ni la voz sonó clara salvo al principio de algún pasaje "lento" por lo que no me emocionó casi nunca ahogada en el magma de ruido sobre todo de la guitarra de Cline, e incluso destrozó algunas de mis favoritas. Ni la música sonó clara, con momentos de auténtico barullo sin más.

- Ya fuera de lo musical (a mí me gusta la música pero ...) pues horroroso el bombín de Mr. Tweedy (conocerá a Sabina? síndrome Waits? horror); alucinante el efecto butaca temblorosa (en los cines centro pagas un plus por ello y ayer fue gratis) conseguido (porque fue a propósito, no?) por los de Chicago (ayer sin via); alucinante también el nivel de entrega del público (la predisposición no debería anular la objetividad) y, finalmente, acerté con la talla de la t-shirt de la niña (cojonudo).

WICO NOTA FINAL = 7/10 (estoy generoso por lo de la crisis)

Ya fuera de lo musical, noche memorable en el reencuentro con los amigos "quesolovesenlosconciertos",en el retorno a viejos bares y -sobre todo- en la magnífica ingesta alcohólica.

Salud y hala Celta

Tedhead (Les Edouard) dijo...

Comando Lura. Crónica certera y real, ..i like "Vigo en estado puro"...menols mal que nos queda Wilco para dar longa vida ao R & R ...
Rael. 7/10 ?... que efecto Panoramix hizo en ti la poción White Russian ? jaja
The very best de tu crónica losamigos "quesolovesenlosconciertos"... y por cierto ...como ha crecido esa chiquilla !!!!
My opinion ?...la enviaré a la redacción...ya !! adelantando un 10 !!! , pero...

Dal dijo...

Disfrute el concierto y los "amigosquesolovescuandobajasaVigo"; como concierto iniciatico para los sobrinos estuvo soberbio.
¿Cline estaba con John Cale en la Capitol de Santiago hace unos 5 añitos?
Besitos.
PD: suenas achacoso, Rael.

Comando Lura dijo...

Rael, rael, coincido plenamente contigo ... no hala Celta. Na nota, claramente discrepo. Se a nota vai ao auditorio, pase, pero se falas de Wilco, non será que estabas demasiado pendente da vibración da butaca? (sen comentarios)
Eso sí, con cariño, eh?
Saúde

Temas a maiores non tratados na crónica:
- Secuencia e disposición dos temas do concerto -a Rael, e a min tamén, pareceulle estupendo, aínda que eu describiría a disposición musical do concerto como xenial-
- ¿Que pasa nesta cidade e nos territorios anexos que non somos quen de encher cando ven algo de interese planetario? En Barcelona, Madrid e Donosti, coas entradas moito máis caras, esgotáronse meses antes. Algo raro, raro, raro...

rael dijo...

dear dal, mejor achacoso, que mal (como wilco) y el nicola está cerrado, no lleves a los sobrinos

dear luras, me alegra saber que algunos a quienes tengo en alta estima coincidan conmigo en algo

dear tedhead, al puntuar ya dije que estaba generoso

salud