Páginas

07 mayo 2013

"Unha Noite co Mestre"

Facía xa tempo que non escoitábamos os consellos do nodos benquerido Consiglieri. Exactamente un ano e tres meses: unha condena !!!
Está claro que o noso home espera aos eventos de máximo nivel para regalarrnos cos seus sabios consellos que A Madriña sempre agradece.
Esperemos que esta terceira sesión sexa o rexurdimento do noso plumífero jacobino.

"Unha Noite co Mestre". O Conselleiro Aconsella # 3
Pablo Carrera. La Pecera, Vigo PO. Sábado 4 Maio. 2013. 22:30
"Alguén dixo algunha vez que para que exista arte precísase un artista que o cree, e un público que o reciba. E iso foi exactamente o que aconteceu na noite do pasado sábado na sala La Pecera. Pablo Carrera, o Grande Mestre da Orde do Blues, ofreceunos o seu percorrido dende o delta do Mississippi, ata os ventos de Chicago, pasando polo barrio vigués de Casablanca, que acolleu o concerto.
Armado cas súas 3 guitarras e a súa voz, cada día máis ceibe e portentosa, Don Pablo trasladounos ao tempo do blues acústico e rural. Sen esforzos, sen tensións, sen presas por coller o tren, que marcaba co seu traqueteo sobre as vías o ritmo do blues, o leito sonoro sobre o que se deslizaban os dedos do Grande Mestre polo mástil. Técnica e sensibilidade, creación e comunicación. Estes son os sinais de identidade dun auténtico artista, e isto foi o que contemplamos onte á noite en La Pecera. E unha vez máis os membros do público sentímonos coma vellos ferroviarrios atravesando continentes día e noite.


A pesares de atoparnos en plena resaca das festas e fastos de celebración do 9º aniversario do pub-taberna-sala La Pecera (¡Parabéns e a polo 10º!), aínda había un bo grupo de irreductibles que resistían no local, onde Edu Pez e os seus colaboradores creaban o ambiente perfecto para que os sons do escenario se deslizasen polo aire ca frescura dos peixes entre os corais da Gran Barreira.

O oficiante da noite obsequiounos cos seus temas favoritos dos míticos Robert Johnson, J.B. Lenoir, e ata algún tema propio, aínda sen nome. "¿A alguén se lle ocorre un título para este tema?", preguntaba Mr Carrera tras interpretar a súa composición. A pregunta ficou no aire ata que as súas ondas foron borradas polos asistentes, que marcaban o ritmo, movíanse docemente ao compás, e xa coreaban o seguinte refrán: "I shot the sheriff /but I didn't shoot the deputy"
Os ecos de Bob Marley e os arrecendos de Eric Clapton rebotaban nas paredes do recinto. Mais o Grande Mestre non se conformaba. Mirou, sinalou, e de entre a masa escolleu a "Máxico Fernando" (Abreu) para que se unise a él no escenario e co seu clarinete esculpise o aire: máis blues, e algún tema de 2US, o Dúo (Pablo e Fernando) que presentaba o seu CD número Dous.
E non contento con todo isto, o Mestre de Cerimonias ofreceuse a cumprir as peticións do público, mais ¡ Ay daqueles que se atrevan a solicitar un tema, porque será arrastrados sen piedade ata o altar dos sacrificios para acompañalo ca pandeireta! Pero o artista sempre sabe a onde vai, e o resultado foi o público batendo palmas e cantando a súa nostalxia pola "Doce Chicago", mentres un home peludo brincaba polo escenario.
Risas, apertas, e fin de festa con algún tema máis, marca da casa, sacando brillo as 3 guitarras e aos máis de 15 pedais!! que o Mestre emprega para dar esplendor ao seu son. Un son que La Pecera recolleu e devolveunos con limpeza, claridade, precisión e beleza.
Mais todo ritual ten o seu punto final. Só un punto e aparte, pois coma todos os rituais, háse repetir. Onde e cando, é aínda un misterio. Pero os iniciados somos xente de fe, e sabemos que os Grandes Mestres sempre volven."

Os que saben do Consiglieri din nunca minte e que o show foi exactamente así...soberbio !!! desde a xenialidade de Paul ata os "dancings" exaltados do espontáneo "Hairy Tambourine Man". Non nos extraña ( o de Pablo) pois iste "Pequeno Gran Home" sempre foi e será un "crack" e con paso do tempo a cousa non pode máis que mellorar !!!. Polo tanto, Noraboa rapás !!!


A Madriña Bless Pablo , Consiglieri & Fotografo/a Unknown

12 comentarios:

Macho Man dijo...

Yo quiero un hijo suyo. Carrera a los altares ya!!

TedHead (Les Edouard) dijo...

No estuve alli pero lo senti y por una vez (y sin que sirva de precedente...jaja) suscribo las opiniones del conseglieri sobre la calidad artistica y humana do Great Little Paul!!!

Olalla dijo...

Grande Pabli y la emotiva y Fidedigna crónica!!!!
* Comentario extraido de Facebook

Pablusy dijo...

Cacho artículo, mándame el nombre y mail del conseglieri, para agradecer personalmente y mandarle un jamón, abraiado estou.
Y graciasmultiplex a vos por publicar y dar vidilla.
Apertónnn!
* Comentario recibido por mail

A Madriña Jamonera dijo...

Sentimos informar que no estamos autorizados a revelar los datos personales de nuestros "plumíferos "colaboradores.
De cualquier forma, Caro Paul,si lo que quiere es enviarle un Jam-on al Conseglieri, nos lo puede hacer llegar a "servicios centrales" que sin problema se lo reenviaremos...( o no)
Smile. Count to ten. Jam-on. Smile again.
A Madriña Bless Jamo-on con Paul & Consiglieriri too.
Long life "The Hairy Tambourine Man"

A Madriña Asociados Ltd. dijo...

Ultima Hora !!!
El fotógrafo de la instantánea publicada en el blog ha resultado no ser "Unknown" sino el gran Fernando Abreu !!!! Insigne colaborador de Paul...
La urgencia de la noticia y las presiones del Consiglieri nos llevaron a cometer tamaño y grosero error. No se repetirá.

Por un jamón soy Conseglieri dijo...

Querido Pablusy, déjale el jamón a tu cuñada que me lo hará llegar.

#unjamonporconsiglieri dijo...

"Todos somos el consiglieri" !!!!
Jamon,jamon,jamon-ja,mon,ja,mon-ja,mon...& so on

O Conselleiro dijo...

Usurpadores cabrones!
Sodes capaces de vender a vosa nai para roubarme o xamón que gañei ca suor da miña frente (e doutras partes máis nobres que non preciso mencionar)

A Madriña Quiz dijo...

Nadie duda de tu autenticidad, pero solo A Madriña sabe que si eres de verdad el "Conseglieri" debes contestar correctamente a las 3 preguntas...
a) Tu Ibas de Romano y el iba de flor ?
b) Del Monte hasta el Castro,...siguieron tu rastro ?
c) Entonces ...mentiste o no ?
PD. Me temo que si no sabes responder correctamente a las 3 questiones, tendrás que devolver el jam-on.

O Conselleiro dijo...

Príncipe griegoooo!

Tedhead ( Les Edouard) dijo...

Cabrón...devuelve el jamon !!! jajaa