Páginas

23 noviembre 2014

Teño a sensación ( I´ve got a feeling)

Os eventos acollidos baixo o rejhaso da Madriña sonche moitos en ben variados ... pero non de todos se falou, fálase e falaráse como deste dos "Pescozos Coloraos"...o esa é a "sensación" do TH ( Les E)

Listen What Ted said # 14. Teño a sensación ( I´ve got a feeling)
Pescozos Coloraos. La Galería Jazz, Vigo PO
Sábado 22 - N / 2 Euros

"Teño a sensación de que cando nun bar calquera alguen pide un `Irish Cofee´ a xente o mira raro e pensa nos vellos tempos. Sexa por iso o por outra cousa distinta, teño a sensación de que é a bebida perfecta para algúns lugares e momentos, como por exemplo o sábado na "Galería Jazz" en Vigo, PO . A verdade, Teño a sensación de que o lugar tamén foi o idóneo para que os "Pescozos Coloraos" demostraran a súa boa forma e o seu ben facer. O que alí aconteceu foi tan só un exemplo máis, pero ben subraiado. 

Minuto 5´ ( Antes da chegada de R. Suzuka y 50 extras)
Ao comenzo do show só estaban 3 ou 4 persoas, pero  Teño a sensación de que a eles non lles importou, como tampouco que o local se petara nos dez minutos seguintes. Os gichos a súa bola. 
Tamen Teño a sensación de que a Suso Cortegoso o da xente tanto lle ten. É dos que se entregan cantando na ducha da súa casa igual que si estivera no Madison Square Garden. Ese é un bó camiño. Sinto insistir, pero Teño a sensación de que o SC é cada vez máis él, como decilo... que Johnny Cash, Demis Roussos, ou Jacques Brel simplemente o copiaron. Non sei como o fixeron, porque eles foron antes pero agora xa son despois. Por outra banda, Teño a sensación de que a man dereita de IOj vai cada vez  máis segura - si cabe- máis decisa - si é que se pode-  e xunto coas letras, a voz e a rudeza de modais musicais do frontman,  son as as bazas  potentes do show. Tamén Teño a sensación de que a incorporación da sección rítmica de `Saint Martin out of the fields´ arroupou ao combo dun xeito máis que recomendable, eso si, hai que recoñecer que fai bastante máis difícil o reparto dos dividendos. Dous euros nunca foron divisibles entre tres. Aínda así e por razóns inexcusables, non se si me repito pero...Teño a sensación de ter marchado no mellor momento da noite. Sei ben, que a eles non lles importou pero a min si, e non o esquencerei en moito tempo asi como a extraña sensación coa que me levantei hoxe  ( ollo ! ben distinta da do Cortegoso. Smile); Non sei si o soñaría, pero nos bises, duas camareiras duplicadas  bailaban ao son do `Rain & Tears´ pasado pola turmix de Celso Emilio ... Os efectos do Irish cofee ? Sen dúbida." 

Anyway, anyhow... a idea do Crowdfunding para comprarlle ao Cortegoso unhas botas altas para meter por dentro os pantalóns ... non sei si será moi boa idea. Igual e mellor deixala madurar un pouco. Non ?

By the way... Moitos temazos, a destacar..."Mandanga", "Familia Real", e por suposto ..."Teño a sensación" !! ( o single)

A Madriña Bless "Pescozos Coloraos" ( Suso Cor...tegoso plus IOj & St. M)
Addenda suxerente. Amigos Coloraos... é doado. O pvp das entradas "sempre" múltiplo dos gichiños que tocan e que os problemas sexan outros !!! OK ? Almas cándidas... asi non se vai a ningures... por si acaso ... 3, 6, 9, 18 € ( máis, non recomendable porque "0" tamén é divisible por 3)


3 comentarios:

Comando colorao dijo...

Inmerecida crónica positiva do concerto Realmente colorao de onte; a proverbial xenerosidade da madrinha...
Tomamos nota tamén dos apuntes contables, tán extraños para nós

A Madriña Asociados Ltd. dijo...

Teño a sensación de que fai falta unha grabación !!! non si ?

Johnny Money ( antes $) dijo...

"Alfombra bermella, skai marrón, espello nas paredes, güisky de garrafón" Si señor !!! digno sucesor de Celso Emilio !!! A hell of a poet man !!!