Páginas

18 junio 2016

"Luras" at The PS Porto 2016 !!!

Las últimas semanas han sido trepidantes y de ahí nuestro retraso en las noticias pendientes. Por lo tanto y in perder ni un minuto más y sin pestañear... imos aló. El PS 2016 será recordado como el año que El "Comando Lura" por fin convenció al Triunvirato (minus one) para que acudiera al festival luso. Fuera por no oirlo más o por oir a Brian Wilson, el caso es que los 2+1 tipos hasta allá se fueron para ver alive al menos una de las sesiones.

El "Comando Lura" se desplazó los tres días ( as usual) y esta vez con un único objetivo : " Redactar la mejor crónica posible para A Madriña". Normal. ( obsesión y adicción, ya se comentó). Con tal motivo al chaval se le dió un cheque en blanco (tan blanco que non estaba "nin asinado") para que pudiera tomar "tooooodas" las notas que quisiera en la parte de atrás. Eso fue lo que hizo y esto lo que nos resumió. A Madriña Bless This Man !!!

Comenta o "Comando Lura".
Primavera Sound Porto 2016
Entretempos

" Abarca moito a aposta musical que representa o Primavera Sound Porto cada ano, tódolos anos.
Acollidos polo noso querido ambiente atlántico de ceos cambiantes, fumos de entretempo meteorolóxico primaveral a entretempo musical de cambio de século. Disfrutamos dunha emotiva máis que probable última actuación do eterno Brian Wilson, e flipamos coa forza e calidade dos novísimos Car Seat Headrest.
No medio, un encontro musical delicioso, dunha calidade -en todos os aspectos- á que non estamos, desgraciadamente, afeitos por estes lares que habitamos a diario. O Parque da Cidade dálle ao PS tres escenarios naturais sobresaíntes de fresca herba, e o festival equipa a contorna con delicadeza e criterio. Unha impresionante carpa (tela, o dos portugueses e as carpas) acolleu complementariamente, no Palco Pitchfork, á faceta máis trasnoitadora e canalla da proposta musical.
Tendencias marcadas: protagonismo de voces femininas (PJ Harvey, Beach House, Julia Holter, Chairlift); presencia apabullante da electrónica na elaboración e execucion da música en directo; calidade e medios técnicos audiovisuais estratosféricos.
Nivelón de asistencia viguesa (máis aló, mesmo, da histórica presencia da versión par do Triunvirato madrinhento -de ampla repercusión en tódolos medios, lusos e ilusos-), que lle deu un plus de "sentirse como en casa" a esta xa nosa casa portuense.
Por partes e en orde decrecente de impacto neste cronista:
Car Seat Headrest, espectacular directo destes imberbes empapados de rock, co "virginiano" Will Toledo ao fronte, alternando guitarreos potentes e distorsión a esgalla con melodías recoñecibles (a xente, entregada, pedíulles un bis imposible tarareando a capella o precioso estribillo da última canción), arroupados por unha sólida e seria sección rítmica, deixando o desbarre ao distorsionado guitarra solista. O final (a verdade que coma todo o concerto) apoteósico. Do mellor do festival, sen dúbida.
Explosions in The Sky; terceira presencia dos de Texas nestas humildes crónicas do PS, e cada vez véxome máis rendido aos seus encantos. Banda instrumental hipnotizante, con entrega absoluta no directo (e xa levan anos no "candelabro"), na que a ausencia dunha melodía de voz predominante permite a intermitente presencia de numerosas melodías alternativas, nunha especie de bacanal homenaxe ás cordas de guitarras e baixos. Un flipe.

" Brrrrian Wilson by TH "
Brian Wilson; foi coma unha peaxe pagada con gusto á viva (aínda) historia deste personaxe clave na música do século pasado. Arroupado por unha moi profesional banda de músicos cantores (todos fixeron coros), derrocharon profesionalidade reproducindo o mítico Pet Sounds. Un concerto con moito sentimento.
Beach House, máis maduros e seguros de si mesmos, a parella de Baltimore deu unha lección de "pop ensoñador e cautivador", baseada na voz melodiosa dunha Victoria Legrand asentada e moi comunicativa. Deixaron moi bó sabor de boca.
PJ Harvey, ante unha espectación altísima e rodeada dunha excelsa banda, a inglesa deu un concerto diferente, con valoración moi antagónica no público (gostou moito ou nada) e que a min me pareceu demasiado atormentado, con moitas descargas -rítmicas, vogais- desasosegantes, froito seica da impronta das súas viaxes por países en conflicto bélico. Voz e presencia en conflicto coa indiferencia.
Sigur Rós, prodixio no control da voz (absoluto dominio do falsete en notas de duración infinita) e do arco na guitarra eléctrica con sonoridades improbables, os islandeses completaron a súa aposta post-cualquiercoisa cun preciosista acompañamento de video. Espectacular
En menor medida disfrutouse tamén Parquet Courts (r'n'r ochentero con querencia punkarra), Deerhunter (bó directo máis virado ao paranoico), Cass McCombs (interesante e particular evolución de folk americano), Air, Moderat (a electrónica despuntando en audio e video), Ty Segall and The Mugger (piraos, divertidos e, incomprensiblemente, moi conxuntados).
Dentro do capítulo "vayapordios,hombre" destacamos o impacto que nos causou Neil Michael Hagerty & the Howling na súa curta media hora de concerto: jodeunos unha sesta deliciosa con ruídos sen nengunha gracia. Nin os seus pedíronlle outra. De todo ten que haber.
En resumo, insisto na idea que veño trasmitindo nas clásicas crónicas: temos a sorte de ter un festival de moito nivel ahí ao lado, nun verdadeiro "marco incomparable", ao carón dunha auténtica cidade fermosa.
Ata o ano que vén. Saúde e roncanrroll. "

Asdo. "O Comando Lura".

Fantástica crónica de la que solo podemos corroborar las referencias a Brrrrrrian y apuntarnos a los que definitivamente no "entendemos" a PJ Harvey ( "demasiado atormentada para ser creíble " Someone Dixit). Pero bueno, por lo menos este año estamos satisfechos de haber estado allí !!! God Only Knows porqué no habíamos ido antes. ( Obrigado Mr. Lura) Next year intentaremos duplicar la asistencia ( en horas por lo menos).

By the way... y como agradecimiento al Comando Lura le hemos comprado un vinilo edición especial 180 gramos del fantástico último trabajo de "Michael Hagerty & The Howling" que hará las delicias de las siestas veraniegas en la de "Pérez, El Entrañable". De nada meu, We love you.

A Madriña Bless You All ( Specially Comando Lura plus satélites & PS Sound Porto)

3 comentarios:

Facas dijo...

Grande a crónica! O comando lura nunca falla.
Este ano, obrigas imponderábles impediron a nosa presenza.
Mais como dixo aquel grandísimo fillo de p.:
"Volveremos"
Saúde e arroz de tamboril!

nadir dijo...

mientras estuve corroboro todo, cuando no estuve, creo firmemente que fue así, a mi edad y a vueltas con la fé ... en fin
genial P.S.16 , genial crónica C.L.(y van ...) , gran evento
salud

Xose Alberte Cea dijo...

Fantástica crónica. Vóume por con Car Seat Headrest que teñen moi boa pinta. Grazas pola recomendación. E pola crónica.