El comienzo de este 2019 no ha podido ser más trepidante en el mundo de A Madriña Asociados. Si no fuera porque a nosa signora tiene 1.000 brazos y algunos cuantos oídos más, se le habrían pasado eventos más que reseñables para la gacetilla Madriñenta. Uno de ellos ha sido la entrada en capilla de los Frying Luras. Y cuando decimos "capilla" queremos decir "Estudio de grabación". Tranquis, ellos están bien. Bueno... todo lo bien que se puede estar después de 20 años de R & R. Smile.
Al grano...
Se dice que hay una maldición en la relación O´Hea Bro´s y los estudios de grabación. Grabar y desaparecer es un clásico en su curricullum musical. Primero fue "Unión Penosa", disco y breakdown. Luego "Os Míticos", EP y cada uno pa´su casa... y AHORA y para romper con el maleficio, ahi los van. Eso es tener las cosas claras. Eso es tentar a la suerte y lo demás cuentos chinos. Como acabará la cosa ? Por lo menos ya tenemos testamento sonoro !!! Ahi están, jugando con fuego y llamando a las puertas del cielo. Smile.
Anyway, anyhow...
Buena suerte amigos, si lo superais, esta será la definitiva !!! (o no) Good Luck.
By the way, así lo ha visto y sentido o noso Comando Lura.
"Luras en conserva"
Comenta o Comando Lura
"Pois si. Vai para vinte anos de
compartir música -entre outras cousas- e, coma froita ben madura, é
este 2019 cando (aínda non sabemos moi ben por qué) os Frying Luras
nos pechamos a gravar algúns dos temas que máis nos andan a
rebumbiar agora na cachola.
Moi ben guiados por Javi Vicalo no seu
acolledor estudo The Dub Yard, dimensionamos o traballo no rexistro
de 8 “temazos” elexidos entre todos, a gravar en cuasidirecto
durante a última fin de semana de xaneiro. Alí estivemos Rafa,
Havi, Rubé, Paco, Josito e un menda, coa rara sensación de comezar
a rocanrrolear ás 10, 30h da mañá, o nunca visto.
“Présa”, “Cansado”,
“Sucedáneo”, “Evolution”, “Medo me dá”, “Mar
adentro”, “Autónomo 2.0” e o explosivo “Nada tuyo” foron
os temas agraciados coa fortuna de ser tratados agora con máis mimo,
para a posteridade (¿?), do máis do medio cento que compoñen a
temateca lura.
O´Heas knocking on heavens door |
E así comezamos, batería, baixo,
guitarras (e o Ewi de Josito), tema tras tema, demostrándonos
novamente que o ensaio e o traballo continuado sempre dá froitos
espectaculares. Dúas tomas por canción (agás “Nada tuyo” que
saíu á primeira e así quedou) para asegurar opcións, e chegado o
mediodía xa estaba rexistrado o básico de seis dos oito. Na
tardiña, despois de acometer os dous que quedaban, tocoulle á
sección ventos (trompeta, ewi), e logo voces e coros. Con detalles
na percusión e unha primeira escoita, marchamos contentos (algúns,
moi contentos) ata o día seguinte, no que se foron matizando
detalles (rematar voces, reforzar a presencia dunha melodía,
corrixir algún gazapo, repetir aquel solo, ...), deixando listo o
traballo para as mezclas e axustes, antes da súa masterización.
Gravar en serio, aínda que laborioso e
mesmo tedioso por momentos, é unha experiencia única que todo
músico -e todo aprendiz de músico-, debería ter nalgún momento da
súa traxectoria. Permite deter o tempo, se así o queres, en cada
compás, en cada nota, proporcionando unha perspectiva diferente do
que podes levar facendo, totalmente convencido, durante anos.
Ademáis, a relación cos demais instrumentos da banda estréitase
ata o punto no que fas teu, todo: o potente solo de guitarra de Paco,
un charles aberto ao mundo de Rafa, esa nota imposible da trompeta de
Havi, a sorprendente liña esperada do meu baixo, a man dereita da
guitarra rítmica de Rubé e a súa voz única e rasgada, o sutil
arranxo do saxo midi de Josito, os coros tan ben decorados por Rafa e
Havi, ou a pandeireta que dende atrás dá ese plus de alegría ...
Todo en caixa.
Entendes, entón, a quen pensa que o
estudo de gravación é un sitio (o sitio) esencial para o músico e
para a música, e mesmo aos moitos que o prefiren ao directo.
Creo que nós aínda non chegamos a iso
... "
En fin... Estudio o directo ?... o mejor dicho, porqué elegir?
A Madriña Bless You All ( Hoxe Specially a los Fryin´g O´Hea Bro´s)
5 comentarios:
Discipline.
Actitude.
A miña experiencia coas grabacións cáseque sempre foi aburrida e disciplinada,pero o certo é que a sensación que queda tras escoitar a mezcla é única...sorte co produto,Luras.
Certo: actiplina ou discitude, sempre funda mentais ...
Ímoslle dando, pois
Mucho ensayo
Publicar un comentario