Na radio están a falar de Portugal. Tema: Era Pessoa racista o falaba irónicamente a través dun dos seus "heterónimos"? Resumo: Angola e Cabo Verde non aceptan o nome do escritor para o programa Erasmus Lusófono. "Racistas non" (graciñas) e propoñen a Eça de Queiroz ou mesmo a "Sara-Mago".
Anyway, anyhow ....
Gran país o que fala sobre os seus escritores (ou escritoras). Créetelo.
Gran país o que fala sobre os seus escritores (ou escritoras). Créetelo.
Ao gran ...
O Comando Luso está en modo "non stop" !!! O día das "Super B´s" en Versus quedou por presentar a vitrina Lusa !! Demasiadas emocións para unha soa tarde-noite. Aproveitamos o asunto para pedirlle a nosa "Loli Brown" unha "sucinta" presentación por escrito. Es ista foi a resposta (Hoxe 1/2). Smile
By the way... Hoxe e eiquí a presentación "On line" !!!!
Ladies & Gentlemen, con voçe nova "plumilla" Madriñenta...
Loli Brown dixit "Cheese" (1/2) ! :
"Brasil, meu Brasil Brasileiro" Ary Barroso ...
"Brasil, meu Brasil Brasileiro" Ary Barroso ...
Unha
representación do Comando Luso pisou Brasil por primeira vez en 2003
o Estado de Río Grande do Sul (capital Porto Alegre) onde a
negritude está prácticamente ausente e a colonización europea:
italiana, alemana e a vecindade con Arxentina e Uruguai converten o
sur nun lugar inesperado para o visitante. O obxecto máis
representativo é a cuia, recipiente para o chimarrão (mate) que
congrega aos habitantes de Porto Alegre os domingos no maravilloso
Parque da Redenção. As especialidades culinarias, dado que estamos
en terra de Gauchos, son os Rodícios de carne, excelente, por certo.
En Brasil a música máis exitosa e que máis dereitos de autor
recauda é música sertaneja, o country do Brasil, normalmente
formada por dúos. Un músico brasileiro, chamado Lulu Santos, fixo
unhas declaracións contra a música sertaneja que foron
extremadamente polémicas en Brasil. Afirmou que as escopetas de dous
canóns foran inventadas para matar os dúos de música
sertaneja…(tivo ameazas de morte)
O Comando Luso volveu a Brasil no 2004 esta vez a Salvador de Bahía. A
revista Altaïr, sobre o Brasil Atlántico, que está na parte baixa
da vitrina, serviulles de orientación no seu percorrido polo
Pelouriño e pola Bahía de Todos os Santos, chamaron á porta da
casa de Caetano Veloso e María Bethania en Santo Amaro, visitaron a
Praia de Itapuã e a praza do poetiña, Vinicius de Morães e
convertéronse en Musa e Frade da Congregación do poetiña entoando
"A
tonga da mironga do kabuletê. e
a oração dos cachaçeiros, danzaron na Love Parede de Salvador de
Bahía, ao ritmo dos tríos eléctricos, baixo o grito “Ninguém
sem camisinha”. Daquela viaxe trouxemos un recordo, ese pequeno
birimbau que lles transporta a aquelas improvisadas
rodas de capoeira en prazas., praias, os maracatús,…O milagro de
Candeal de Fernando Trueba de 2004, protagonizado por Carlinhos
Brown, é a mostra dun proxecto musical, Timbalada, nun barrio de
favelas de Bahía, chamado Candeal. O comando Luso recomenda ás
famiglias, que non coñezan a película, que a vexan. Posteriormente
saíu o libro co mesmo título, escrito por David Airob, Carlos
Galilea y Guillermo Rodríguez.
Uns
anos despois, como a flota portuguesa ao mando de Pedro Alvares
Cabral que o “22 de abril de 1500, avistaba e tomaba posesión dun
punto no actual estado de Bahía ao que denominaron Porto Seguro”,
500 anos despois ,o Comando Luso facían pé en Arraial de Ajuda,
Porto Seguro, Trancoso, Caraíva, eso sí sen a ameaza dos caníbales
Tupí, que agora usaban móvil.
O
Comando Luso acaba a súa análise co Choro e a película documental
Brasileiriño do director
finlandés Mika Kaurismaki.
Uma beleza!!!!!, unha xoia para os guitarreros que se pode ver de
balde no youtube. Para as famiglias interesadas ahí vai o enlace:
.
.
2º
andar da Vitrina: Literatura brasileira e música
A selección literaria
tivo moito que ver coa música. Os tres poetas elixidos, o mineiro
Carlos Drummond de Andrade, o bahiano Vinicius de Moraes e e a
portuguesa Sophia de Melo, están relacionados cos textos dalgún dos
músicos da selección. Falta quizais o pernambucano Joao Cabral de
Melo Neto representante da poesía concreta, inspirador de músicos
como Caetano Veloso ou Oswald de Andrade e o seu manifesto no que se
basea o Tropicalismo.
Clarice Linspector é
unha das figuras literarias favoritas do Comando Luso. A editorial
Siruela ten un catálogo fantástico para os que non leen en
portugués. premeiqui
Outro dos grandes autores
da narrativa brasileira do século XX é o bahiano Jorge Amado. A
obra más coñecida é a novela costumbrista Gabriela, Cravo y
canela, que foi levada ao cine. O tema do filme está firmado por
Vinicius de Moraes e interpretado por Gal Costa, pero a que máis lle
gusta ao Comando Luso é o tema de Milton Nascimento, o grande músico
mineiro titulada Cravo e Canela.
Fantástico (e "sucinto" ?) Capítulo 1/2 o da "Loli Brown"... !!! Obrigado !!!!
Mañán o capítulo 2/2 !!! 3º e 4º Andar !!!! Smile.
"Continuará"...
A Madriña Bless You All
(Hoxe Specially ao Comando Luso, Loli Brown e ao "Chesse" da Serra da Estrela !!! Smile)
1 comentario:
Obrigado Miss Brown !!!! Agora "só" nos queda estudiar !!!
Canto mundo por coñecer !
Publicar un comentario