A verdade e que, o noso Conselleiro ( o que "Aconsella") de ser un árbol, ben podería ser un Salgueiro. Segunda wikipedia: "Non soporta as temperaturas extremas e gosta dos lugares húmedos" ( Santiago D.C. !!!!) . " Atópase no sur de Europa pero tamén se pode ver en Norteamérica" ( Encaixa!!!) . "É flexible e pesa pouco " ( Él , non hai dúbida)..." Se usa para facer mistos" ¿?
Non sei, igual non é moi boa comparación...
Anyway, Anyhow..
O caso e que ultimamente esta que non para, o cimbreante de él. Aínda non recuperado da su transfiguración en "Cans" e enviounos xa a súa crónica do concerto de "Es un Arbol". Que si, es un grupo y musical y además está en él o noso benquerido "Heilis" !!!
¡FRANK ZAPPA VIVE!: "O Conselleiro Aconsella # 4"
" Es un árbol". Pub A Reixa, Santiago D.C. Martes 21.Maio. 22:30
"¿Poden
catro músicos posuir gran técnica individual cos seus instrumentos,
amosala sen complexos, e adicarse a facer o humor máis surrealista?
Afirmativo.
Xa o
mestre Zappa o reflectira así nunha das súas gravacións en
directo, con video incluído ("Does humour belong in music?",
1985). E aínda que Frank Vincent Zappa finou en 1993 –ou seica
precisamente por iso- estes 4 musicazos retoman o seu espíritu e
converten o surreaslimo no fío conductor dun album e dun directo
altamente orixinais: a cura de electro-shock que tantos anos
levabamos agardando.
O local
do concerto, cos seus muros de pedra e o seu son impecable,
acolleunos coma sempre (gracias, A Reixa, por ofrecernos marabillosos
concertos todas as semanas). E alí, co público a medio metro dos
intérpretes, soltáronnos as súas puñaladas sónicas, e fixéronnos
escachar ca risa cos seus cantos á política cultural oficial
("Subvención, subvención, no queremos subvención"), ca
súa reinvención do himno galaico ("Fogar de Breo-gán-gán"),
ou cun tango lisérxico adicado ao "seu líder" Gadaffi!
No seu
repertorio en directo e no seu album ("La buena nueva") a
banda trae lembranzas de varias décadas da historia da música, pero
tamén son quen de facer "Chunda", un trance-dance
aoutoparódico cheo de enerxía bailable ("No, con bambas no se
puede pasar"), e levan o surrealismo ata o límite en "Leopoldo
II", tema no que non podemos parar de rir ao oír o cántico dun
texto extraído dunha enciclopedia, que nos divirte ao tempo que
aumenta a nosa bagaxe cultural con detalles fundamentais da vida do
rei belga, cuxa personalidade ficou determinada polo estramonio que
lle botaron de pequeno no cola-cao -"Gracias, Es un árbol, por
axudarnos a saír da ignorancia".
"Es
un árbol" funciona marabillosamente coma conxunto, e tamén
coma individualidades:
Na
batería e coros, transmitindo toda a herdanza dos xeniais
percusionistas dos anos 70, Sergio Álvarez, fundador no seu día dos
míticos "Otro juego de té", e mestre de tantos músicos
na cidade de Vigo.
Acompañándoo
na sección rítmica, Mr David Santos, coñecido e recoñecido
virtuoso do baixo nas bandas máis escollidas do país (os rachadores
Doctor Harapos, ou os explosivos Cro!).
Na voz
solista e na guitarra, Borja Fernández, cantante con "Es un
árbol" e actor con diversos grupos teatrais, que non só canta
senón que interpreta e comunica á perfección.
E na
guitarra solista, quitémonos o sombreiro para saudar a Rubén Abad,
instrumentista vertixinoso e vocalista ocasional. Pode ser salvaxe,
despiadado, ou delicado, segundo a ocasión.
Por todo
isto, e moito máis, que as torpes verbas deste o voso Conselleiro
non alcanzan a transmitir, coido que "Es un árbol" é a
banda con máis futuro de Galicia. Dende logo eles meréceno, e nós,
o público, tamén. Son capaces de pasar da máis brutal descarga de
watios á sonoridade cuasi-gregoriana das voces, e á dozura dunha
frauta de madeira con resoancias das estepas siberianas,
proporcionándonos o abraio, a sorpresa e a gargallada.
Por iso,
unidos en coro universal, respondamos á pregunta do mestre Zappa:
"¿É
a música lugar para o humor?"
"¡SI,
POR FAVOR!"
"Es un árbol" en Bancamp. Non o dubides e premeiqui
A Madriña Bless "Es un árbol" & Salgueiro Man too
8 comentarios:
Estou de acordo co conseglieri, teño o cd na casa e a versión de Fogar de Breogán é insuperable. Por certo, o conselleiro é unha cerdeira de toda a vida.
O noso Conselleiro unha cerdeira ?... o sexa caducifolio ( que non caduco...ollo) ...pero de fruto dulce,sabroso e primaveral...?
Caro Mr. Wolf, eun non me atrevería a tal semmellanza, claro que non sei ata donde chega o seu coñecemento do "Consiglieri" ... as viaxes físicas e as outras unen moito...jaja
En calquera caso Long Life aos amigos árbores, peixes, pedras e demás animais !!!
Anécdota real . Alumno ao profesor..." Ticher, unha pedra é un animal ou un vexetal ?"
O meu agradecemento á Madriña por esa comparación co salgueiro. É todo certo (os mistos aínda non os fago, pero podo acender calquer lume).
Mr Wolf fala de cerdeiras, e non lle falta razón: o frutto é doce (a proba: ver o filme "Diletta penettrata", do insignie director Iago Breaksmokurson).
Madriña, a súa inclusión de foto e enlace a bandcamp para oír o disco, simplemente xeniais!
Our sexy counselor is a big banana tree! Our girls will open soon an administrative chiringuito in GZ. All boys (and girls) welcome.
Sabedes aquel de... Cerdeira díxolles a Maceiras e Piñeiro: como que os alcolitos son unha árbore autóctona? Algunha vez coñeceu a un galego que se apelidase "alcolito"??
Dise "alcolitro". A ver se nos instruímos.
Oiga, pues "alco-litro" ben podería tamen ser o noso conseglieri !!!
PD. Sorry...
Iso é!
Admito difamacións de todo tipo se alguén invita a uns litros!
Publicar un comentario