Páginas

16 junio 2014

Comenta o "Comando Lura" : PPS ©14

A tradicional crónica do "Porto Primavera Sound"  polo noso "Comando Lura" é considerada no entorno círcular de A Madriña como o pistoletazo de saída do verán.  Si a iso lle engadimos o clásico baño dos dornistas e a fuckin´misa radiada en Cobres, PO ... conclusión: Summer it´s here !!!.
Iste ano, o comado botou a casa pola ventá e ata levou fotógrafo oficial o outro "boa sombra" !!!. Ben, sen máis e ao gran. 

Comenta o Comando Lura ( #5): PPS©14 / A Confirmaçao dunha cita imprescindible.

Gosto da música. Gosto das emocións e evocacións que me produce un grupo de humanos con instrumentos musicais e algo que transmitir. Gosto de que me sorprendan, me hipnoticen, me alteren, me movan,...

rojea © 2014
Para resumir esta edición do PS Porto 2014, recurro ao xenio do mago Caetano Veloso (maravilloso comezo de festival) nun dos seus temazos: “Tudo megabom, gigabom, terabom; tudo-tudo megabom, gigabom, terabom”. E que realmente resulta difícil poñerlle peros a este festival, máis alá do prezo (razonable se temos todo en conta). Vexamos: está ahí a lado; Porto é unha cidade na que é doado e normal sentirse cómodo, que segue a medrar como referente cultural, musical, urbano e que se deixa sempre descubrir de novo; os programadores do PS teñen un criterio de calidade musical contrastado e do que fiarse e saben coidar aos asistentes facilitando sempre as cousas; o Parque da Cidade é un lugar delicioso, máis se hai música en directo (aquí Porto gaña por goleada ao PS de Barcelona), ... Ademais, disfrutar de músicos e grupos dos que gostas e coñeces está moi ben, pero descubrir cousas novas que doutro xeito non verías nunca en directo, éche un plus.

Respirade ... e seguide, que aun no rematou a crónica !!! ( smile)

En fin, corto, que non levo comisión algunha. Concretando:

A destacar, en orde decrecente:

Caetano Veloso, magnificamente acompañado (alucinante man dereita do seu guitarrista), enerxía arrebatadora (cos seus 72 anos), repertorio de amplo percorrido, voz prodixiosa, risco e incursión por outras músicas, valorización mesmo da tristura,..., un pracer para os sentidos. Neutral Milk Hotel, a sorpresa máis agradable do festival. Base folk sureña e experimentación sen complexos. Multiinstrumentistas (metais, serruchos, gaita, banjo,...) e tremendo vozarrón do seu barbudo cantante, enchendo todo íl só coa súa guitarra cunha facilidade insultante. Courtney Barnett, rapariga australiana de voz sobresaínte, telecaster zurda e actitude descarada baseada nas esencias do rock, co formato básico guitarra-baixo-batería; encantoume. The National, deron un concertazo. A presencia máxica das imaxes nas pantallas de video, mesturadas con tomas do propio directo, déulle un plus á sucesión contundente e perfeccionista dos seus temas. Houbo moita boca aberta, e non era pra menos. Magnífico directo, cun adorno na colaboración de Annie Clark, unha newyorkina que, tras colaborar con David Byrne, se presentou nesta edición do PS como St. Vicent. Charles Bradley: o “Camarón” do soul, co permiso dos puristas. Enerxía desbordante, jamesbrowniana, cunha magnífica banda de 7 músicos, e todos blancos. Indiferencia, imposible cando canta. Seica veu da nada (ou cáseque) e agora, con moitos anos, dáo todo. Haim, poderío en feminino cunha presencia potentísima no escenario e virtuosismo coa percusión. Kendrick Lamar desbordou potencia e enerxía a base de hip-hop, actitude e watios. Os rítmicos golpes no peito polo volume do son, obrigou a recuar pronto, pero gostei moito dunha música que, recoñézoo, me satura con facilidade. John Grant, preciosas cancións, voz profunda de graves plenos e achegamentos á electrónica, ao meu gosto maiormente desafortunados. Pixies, melloraron co cambio da baixista (moi ben nos coros e máis que correcta na sección rítmica) pero noteinos faltos dun plus no seu directo, que creo se lle debe esixir a un grupo mítico. Eso sí, tocan temas memorables.

rojea © 2014
Menos satisfactorios os concertos de Lee Ranaldo and the Dust (considerado pola revista “Rolling Stone” como un dos mellores guitarristas de todos os tempos, segundo indica o programa: aquí alguén debe de estar tomando a medicación co psicotrópico inadecuado), Sky Ferreira (pelín sobrada) e Television (reproducindo o seu maravilloso “Marquee Moon”, pero faltos de alma no directo).

En fin, tres días de boa música en Portugal ao redor dun maravilloso espazo espléndidamente acondicionado (óptimos video e son), nunha cidade (aínda) moito recomendabel, sen chuvia (quén o diría), e que, basicamente, se fixeron curtos.

Tratamento: 2015, recuncar. Saúde e r’n’r

Ta ben pá, que diçer ? !!!
Abraiante a meticulosidade e sensibilidade do reporteiro lura !!! Sen dúbida as dosis xustas de "Green Madriña"  fixeron o efecto desexado... Parabens e obrigado.
" O ano que ven non falto" !! Someone dixit ..e outro lle  dixo " xa, coma xempre.."

A Madriña Bless Comando Lura & PPS too

10 comentarios:

Comando Lura dijo...

"Sempre andas dicindo, prao ano que ven, e chega outro ano e pasa tamén,..."
Nesta aldea sómosche asim ;-)...
PD: GreenMadrinha, como todo o dela, dabuten

Tedhead ( Les E) dijo...

Tes toda a razón "pescozo colorao" !!!! jaja
Pero o ano que ven...á Madriña poño por testigo que VOU !!! jaja...
PD: Green OK ?... de 1 a 10 ?. "Kingston Madriña" nos pide más detalle..smile ( no tanto...jaja)

nadir dijo...

envidia me da, y ahora que sé que hubo greenmadriña, pues ya ni te cuento.
y ty segall? qué tal estuvo? tiene fama de ser Ok en directo.
salud

Comando Lura dijo...

Non deu pra tudo, meu. Falei do que vin... e non foi pouco

nadir dijo...

sempre tan riguroso, cando sexa así, inventa
eu despois do que vin onte pola noite non podo falar, perdín o oremos


ha adelgazado demis roussos?
vive en vigo?
resposta as duas : SI

Tedhead ( Les E) dijo...

Sol faltó una...."Triki, triki, triki...mamabu ... " ja, ja ..."
PD. Great Ignacio´s Right Hand !!! ( left too, ojo)

Comando Lura Colorao dijo...

Obrogadísimo ao triunvirato pela súa inmensa presenza no bolo "colorado". Demis e máis eu, encantaos.
Nadir, o rigor é o rigor (a credibilidade como crítico, gañada despois de tántos años, hai que coidala;-)

Pescozo do Comando Lura dijo...

Tedhead, tomo nota da proposta. Comentarei co falso grego, o Demis Roussos das rías baixas

A Madriña Asociados Ltd. dijo...

Addenda para los de ayer. Mami Panchita...la compuso JP el innombrable, la produjo J.C. Calderon y la cantaron Mochi y tambien Marisol pero ... Tony Ronald nunca ja-mais !

nadir dijo...

cierto, era j.e.m, el de "le llaman el lagartija"
gran producción
salud