Páginas

24 abril 2019

Grândola 2.0 / Xoves 25 de Abril !

A Madriña Informa:

Mañán 25 de Abril e ás 20:00, fronte ao MARCO : Grândola 2.0 !!!
Si "Tovarichs" ! A convocatoria popular do canto do Zeca Afonso por segunda vez na nosa cidade inclinada, called Vigo, Pt

A chamada ten o mesmo sustrato e fundamentos que ano pasado: Tempos críticos ! 
Os valores de fraternidade, igualdade e liberdade siguen ameazados polo que urxe a 
consigna: O pobo é quen máis ordena, ¡Xunta a túa voz! 

Si vous plait : Non pancartas, non bandeiras ...só o voso cantar (plus caravel vermello ?)


Grândola 1.0 ® 2018 en Vigo , Pt 
A convocatoria do ano pasado na "farola" foi un éxito. Como sen vir a conto, a xente xuntouse e como quen no quere a cousa xurdiu o cántico. Ao Zeca houbera lle gustado. Créetelo.

Anyway, Anyhow ...
A Madriña unirá a súa voz como unha máis e convida ás súas bases, famiglias, asociados/as e chusma en xeral para que acudades á chamada da Vila Morena. Vémonos fronte ao MARCO. 

A Madriña Bless You All (Hoxe en modo "25 de Abril")

"Grândola,Vigo, PO" © Forcadela 2019
25 de Abril 2019
Día histórico en Vigo, PO
Ás 20:00, na rúa menos republicana da cidade, cautivos e desarmados os deuses do olivo, calaron por un momento da súa letanía chuviosa ante o cántico emocionado dun puñado de homes e mulleres  entorno a unha soa idea: fraternidade, igualdade e liberdade. 
A Madriña Bless You All



Obrigado amovida.gal que mirouno asi (premeiqui)

Ayway, anyhow...
Seica é tempo de lembrar a Fausto40 anos despois e aínda de rabiosa actualidade !!
"E como pode outro alguém, tendo interesses tão diferentes, governar trabalhadores
Se aquele que vive bem, vivendo dos seus serventes, tem diferentes valores
Não nos venham com cantigas, não cantamos para esquecer, nós cantamos para lembrar
Que só muda esta vida, quando tiver o poder o que vive a trabalhar
Segura bem o teu par, que o baile vai terminar."

"Dia G" © TH (Les E) 2019




5 comentarios:

TS dijo...

Allí nos vemos

TH (Les E) dijo...

Eu tamén ! See you there !

Susi Lubiáns dijo...

Non podo ir(cara moi triste).

Comando Lura dijo...

Afinando en tres, dous, ...
... o povo é quem máis ordena

MetaNol dijo...

Alí estarei